IniciosociedadeO BNG presentará mocións nos concellos para recuperar a atención presencial nos...

O BNG presentará mocións nos concellos para recuperar a atención presencial nos centros de saúde

O Bloque afirma que as consultas telefónicas derivaron na "sobrecarga" de Atención Primaria e en "dificultades" para pacientes e profesionais, polo que insta á Xunta a reforzar o persoal

Publicada o

- Advertisement -

O BNG presentará unha moción nos concellos da Mariña Lucense para recuperar a atención presencial nos centros de saúde e reforzar o persoal en Atención Primaria, segundo expuxo a formación frontista este martes a través dun comunicado de prensa.

Os nacionalistas consideran que “a pandemia ocasionada polo Covid-19 que puxo ao límite” a sanidade pública “puxo tamén en evidencia o necesario que é investir en saúde, así como as repercusións dos once anos de recortes aos que someteu o PP ao sistema sanitario”.

Para o BNG “é imprescindible contar cun sistema sanitario público forte e cunha Atención Primaria reforzada como porta de entrada, sen recortes e que permita responder ás necesidades de saúde da poboación”.

Diante desta pandemia, salienta a formación frontista, “a Xunta tomou a decisión de reducir drasticamente a asistencia presencial, centrando a atención preferentemente na consulta por teléfono, o que está ocasionando moitas dificultades tanto aos profesionais coma á poboación, con sobrecarga da atención telefónica e de carga burocrática“.

PIDE UN AUMENTO DO ORZAMENTO PARA ATENCIÓN PRIMARIA EN 200 MILLÓNS

“É preciso dotar a Atención Primaria dos recursos orzamentarios, materiais e humanos suficientes para afrontar con totais garantías a nova situación”, reclaman desde o BNG, que lembran que “demandamos en varias ocasións nos orzamentos da Xunta dotación orzamentaria para Atención Primaria, a última vez hai dous meses nunha proposición non de lei no Parlamento para un aumento de 200 millóns de euros nos presupostos de 2021, para un Plan de Atención Primaria no camiño de chegar ao 25% do orzamento”.

Co obxectivo de que a Xunta adopte medidas para paliar esta problemática, o BNG diríxese aos Concellos “para que insten ao Goberno autonómico a realizar de inmediato todas as accións precisas para activar a atención presencial en Atención Primaria co persoal e as medidas de prevención de contaxios precisos e aumentar o número de profesionais nos centros de saúde“.

A moción tamén inclúe “aumentar os orzamentos destinados a Atención Primaria en 200 millóns de euros, modificar o decreto que regula as Áreas e Distritos Sanitarios e publicar de inmediato a situación das listas de espera hospitalarias e poñer en marcha un plan de choque para reducilas”.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...