IniciosociedadeA Deputación mellorará tres estradas que conectan o interior de Ribadeo

A Deputación mellorará tres estradas que conectan o interior de Ribadeo

As actuacións, con 354.000 euros de investimento, beneficiarán aos núcleos de Cedofeita, Couxela, Regocorto, Arante, O Porto e Santalla de Vilaosende

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo acometerá obras de mellora en tres estradas de titularidade provincial no concello de Ribadeo, que conectan o interior do municipio.

Trátase da LU-P-5203, de Cedofeita á antiga estación por Couxela, da LU-P-5204, do mesmo núcleo a Regocorto por Arante, e da LU-P-5205, do Porto por Vilaosende ao primeiro dos viais mencionados.

ONCE QUILÓMETROS DE FIRME

As actuacións consistirán na rehabilitación de 11,3 quilómetros de firme con aglomerado en quente e na renovación da sinalización horizontal e vertical. En concreto, na LU-P-5203 actuarase entre os puntos quilométricos 2,4 e 7,8; na LU-P-5204, do fito 0 ao 2,8; e na LU-P-5205, do 0,7 ao 3,8.

A Deputación investirá 354.000 euros nestes traballos, que agarda rematar en novembro. Segundo o goberno provincial, un milleiro de persoas beneficiarase das actuacións.

O presidente da Deputación, Darío Campos, a deputada Mayra García e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, supervisaron o inicio dos traballos na LU-P-5205.

MELLORA DE ACCESOS RURAIS

O rexedor de Ribadeo indicou que este venres comezou o período de abrir as plicas das ofertas presentadas polas empresas para a realización das obras de aglomerado asfáltico que o goberno local custeará con 250.000 euros de fondos propios. 

Estas actuacións, que suporán a mellora de varios accesos rurais, realizaranse en Vilaselán, Covelas, Santalla e Couxela.

REME-VILAMAR, FINALIZADA

A Xunta de Galicia finalizou as obras de mellora da estrada Reme-Vilamar, nas que investiu un millón de euros.

Visita ás obras da conselleira Ethel Vázquez. AXM

A conselleira de infraestruturas e mobilidade, Ethel Vázquez, resaltou que as obras, que afectan aos municipios de Ribadeo e Barreiros, “melloran a seguridade dos usuarios”.

 

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...