IniciosociedadeA Xunta permitirá a 465 parados da Mariña escoller entre 31 cursos...

A Xunta permitirá a 465 parados da Mariña escoller entre 31 cursos de formación

Os concellos de Xove, O Vicedo e Ribadeo, ademais de negocios e empresas da bisbarra, participarán no plan formativo 2018-2019 do Goberno galego

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia ofrecerá a posibilidade de mellorar as súas aptitudes profesionais a 465 desempregados da Mariña Lucense a través do plan galego de formación 2018-2019, que permitirá a estas persoas elixir a súa cualificación entre unha oferta de 31 cursos.

Por primeira vez, pois a elección dependía do Servizo Público de Emprego de Galicia, o alumnado poderá escoller o centro e a acción formativa, que se impartirá en empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos adxudicatarios das axudas do Goberno galego.

Este ano participarán na iniciativa os municipios de Xove, O Vicedo e Ribadeo, ademais de negocios e academias da bisbarra.

OFERTA FORMATIVA

A oferta formativa inclúe cursos sobre TIC, comercio e márketing, construción, transporte, sanidade, servizos sociais, automoción ou enerxías renovables.

Os custos destes cursos oscilan entre os 266 e os 6.491 euros, cunha duración media de seis meses. O Goberno galego asumirá o importe total da matrícula. Segundo asegura a Xunta, o porcentaxe de inserción laboral en edicións anteriores achegouse ao 60%.

PREFERENCIA NA INSCRICIÓN

Na selección do alumnado terán preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.

SOLICITUDES

O alumnado poderá solicitar o centro e a materia na que se desexa formar a través deste enlace.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...