IniciosociedadeA Valedora admite a trámite a queixa da Plataforma Pro Celeiro polo...

A Valedora admite a trámite a queixa da Plataforma Pro Celeiro polo funcionamento do varadoiro

A institución require á Xunta información sobre os problemas que motivan a queixa da comisión veciñal, como "ruídos" ou "vertidos de pintura ao mar"

Publicada o

- Advertisement -

A Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, vén de admitir a trámite a queixa que a comisión do varadoiro, encadrada na Plataforma veciñal Pro Celeiro, presentou diante desta institución por mor “do silencio” co que a presidenta de Portos de Galicia (Consellería do Mar) respondeu ás demandas relacionadas coa liberación do espazo público, cuase a metade da praia urbana desa localidade da Mariña lucense, que desde finais dos anos 60 do pasado século veñen ocupando as instalacións de Varaderos de Cillero, S. L..

No escrito que lle cursaron no seu día dáse conta das queixas e denuncias veciñais en relación co funcionamento e a problemática que esas instalacións privadas veñen ocasionando. Reiteran ademais a “actitude pasiva” de Portos de Galicia, “que elude as súas responsabilidades de control e inspección” referidas á contaminación acústica, chorreos, vertidos de líquidos e pinturas ao mar. Aparte do escrito, no que describen e argumentan a súa petición de amparo, os veciños da citada comisión adxuntáronlle a documentación das accións públicas e das xestións que ao respecto fixeron ata agora diante das máis diversas instancias oficiais.

Na súa comunicación, a Valedora do Pobo sinala que inicia as actuacións oportunas diante da Consellería do Mar, requeríndolle que no prazo de 15 días lle facilite información sobre os problemas que motivan a queixa da comisión veciñal integrada na Plataforma veciñal Pro Celeiro.

ÚLTIMAS

Mario Pillado: “Os que temos obrigas públicas debemos combater o discurso do odio”

-Cal foi a orixe destes premios contra a discriminación racial desde o Concello de...

Sanidade asinará un protocolo para ampliar o centro de saúde de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo este pasado martes unha reunión de traballo...

Acusan de “transfondo político” as concentracións diante do Hospital de Burela

A dirección do Distrito Sanitario da Mariña asegura que, coa súa petición realizada o...

Constitúen a Comisión de Comercio de ACISA Ribadeo

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar...