IniciosociedadeDous radares controlarán a velocidade na A-8 en Ribadeo

Dous radares controlarán a velocidade na A-8 en Ribadeo

O vindeiro luns activaranse os dispositivos que supervisarán o tráfico nos dous sentidos

Publicada o

- Advertisement -

Dous novos radares controlarán a velocidade na Autovía do Cantábrico no treito que une Galicia e Asturias a través da Ponte dos Santos. Segundo informou a Dirección General de Tráfico (DGT), o vindeiro luns poranse en funcionamento os dispositivos instalados entre os puntos quilométricos 505,090 e 506,280 –en sentido crecente- e entre o 506,200 e o 505,050 –en sentido decrecente-.

O comunicado da DGT indica que nestes días se están realizando os últimos ensaios nos equipos, xa sinalizados, e que o 15 de outubro comezarán a tramitarse as denuncias polos excesos de velocidade que se detecten neste tramo da autovía. O límite de velocidade está fixado nos 120 quilómetros por hora.

CINCO DETECTORES NA PROVINCIA

A Autovía do Cantábrico conta con outros cinco radares fixos ao seu paso pola provincia de Lugo, entre eles o ubicado no punto quilométrico 528, en Celeiro, no concello de Barreiros, e o situado entre os puntos quilométricos 550 e 545, entre Mondoñedo e Abadín.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...