IniciosociedadeO PP atribúe a "trabas burocráticas" do Concello que non poida usarse...

O PP atribúe a “trabas burocráticas” do Concello que non poida usarse o ascensor do Gregorio Sanz

O elevador carece de permisos, segundo o goberno local, porque a Xunta non presentou proxecto nin solicitou licenza; Vega afirma que "basta con modificar o contrato de mantemento"

Publicada o

- Advertisement -

O voceiro do grupo municipal popular de Ribadeo, Daniel Vega, atribuíu ao Concello a situación do ascensor do Ceip Gregorio Sanz, que non conta con permisos polo que un alumno que o precisa non puido utilizalo no inicio do curso. O goberno local asegurou non ter recibido da Xunta de Galicia, que acometeu as actuacións, nin solicitude de licenza de obra nin tampouco proxecto para a construción do elevador onde había un montacargas. O concelleiro dos conservadores saíu en defensa do Goberno autonómico e afirmou que é o goberno local “quen ten que facer unha modificación do contrato de mantemento. Só é un trámite o que ten que facer o goberno de Fernando Suárez Barcia”, argumentou.

Vega afirma que “o goberno local si que tiña coñecemento destas obras porque foi informado en agosto tanto pola dirección do centro coma pola Xunta”, facendo fincapé en que “dentro do Consello Escolar hai un representante do BNG no goberno local que tiña coñecemento destas obras. É vergoñenta a súa actitude”, engade.

O concelleiro popular sostén que “o goberno local debería sumar e non poñer trabas burocráticas” ao non validar as obras, cun orzamento de preto de 40.000 euros, o que considera “un acto vergoñento e desleal. É responsabilidade do goberno local que esta instalación que conta cunha inversión tan importante non estea a funcionar”, concluíu.

O Xornal da Mariña tentou poñerse en contacto coa Xunta da Galicia para coñecer a súa versión sobre os feitos, sen obter resposta.

ÚLTIMAS

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para...

Sargadelos ten de prazo ata despois do verán para mellorar a seguridade laboral

A dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto,...

Piden catro anos de prisión por presunta estafa a un home “en situación de vulnerabilidade”

Unha muller de orixe portuguesa enfróntase a catro anos de prisión por, presuntamente, estafar...