IniciosociedadeO inicio do curso, adiado no colexio de Xove ao non cumprir...

O inicio do curso, adiado no colexio de Xove ao non cumprir as aulas “as medidas de hixiene” polas obras

A Xunta impuxo presentacións este xoves e venres malia que o profesorado pide máis tempo para axeitar as aulas; a reforma interior acabou o 31 de agosto, pero segue no exterior do edificio

Publicada o

- Advertisement -
A Asociación de Nais e Pais (Anpa) do Ceip Caselles Rollán, en Xove, emitiu un comunicado no que informa que o inicio do curso en Infantil e Primaria, previsto para este venres, posporase ao non ofrecer as as instalacións “as medidas hixiénico-sanitarias” para poder comezar a actividade. A Xunta de Galicia accedeu, a petición da dirección, a un regreso por chanzos, dado que o centro educativo segue en obras no exterior, o que imposibilitou a organización no interior. Con todo, a Consellería de Sanidade impuxo que as presentacións se realicen xoves e venres.

UNHA REMODELACIÓN POR CASE 700.000 EUROS

Nunha reunión celebrada o pasado xoves, a Anpa “tratou a situación actual na que se atopa o centro polas obras que se están a realizar para a mellora de eficiencia enerxética, reforma da fachada, cuberta e carpintería, novo sistema de iluminación e renovación de aulas”. Os mencionados traballos, cun investimento de 670.000 euros e un prazo de dous meses e medio, “comezaron o 21 de xuño“, remarca o colectivo, que concreta que “o 31 de agosto estaban rematadas as tarefas no interior do edificio”. Daquela contábase, indica o colectivo, “que ía dar tempo de limpar, ordear e sinalizar según se pide no protocolo para que as clases comezasen o día 10 de setembro”.
O centro, segundo precisan as familias, “comunicounos a través da APP Abalar, o día 5 de setembro, que lle pediron a Xefa Territorial de Educación retrasar o inicio do curso uns días, para asegurar unha volta ao cole segura e organizada”. O pasado día 8 a Consellería “permitiu que os días 10 e 11 non comece o curso normal e se faga unha presentación por chanzos e grupos, baixo a responsabilidade do equipo directivo do centro”.

PREOCUPACIÓN E “INSEGURIDADE” NAS FAMILIAS

Os pais e nais do centro educativo xovense aseguran que o pasado mércores comprobaron “que hai carencias na organización das instalacións e non cumpren coas medidas hixiénico-sanitarias que se esixen para o protocolo do Covid-19 para poder comezar as clases. Durante o día de hoxe recibimos numerosas chamadas e mensaxes de familias transmitíndonos a súa inseguridade porque o colexio non está listo para comezar mañá.
Dende o colexio dinnos que precisarían uns días máis para rematar de acondicionar e garantir unha volta ao cole segura para os nosos fillos”, finaliza.

UN COLECTIVO DE DOCENTES ALERTABA DA SITUACIÓN

O colectivo Profesorado en Pé alertaba desta situación nun comunicado en redes sociais do pasado 8 de agosto, queixándose de que “a andamiaxe e o fan imposible abrir as fiestras”, “por non falar da presenza constante de persoal alleo ao centro mentres se atopa funcionando”, prevendo que “será imposible realizar a sinalización prescritiva e aplicar o Protocolo Covid-19 ata rematadas as obras“.

SITUACIÓN SIMILAR AOS DOS COLEXIOS DE CERVO OU FOZ NO PASADO EXERCICIO

No pasado curso, o inicio foi convulso nos colexios de Foz e especialmente de Cervo ao non rematarse a tempo as obras de reforma dos edificios. No caso do centro educativo cervense, a Xunta teimou en comezar as clases o 11 de setembro de 2019, na data prevista, malia que continuaban os traballos, o que provocou a protesta das familias, que se negaron a levar aos pequenos á escola ante as condicións nas que se atopaban as aulas. No pasado mes de novembro o Goberno autonómico seguía sen dar unha data de finalización das actuacións.

ÚLTIMAS

As queixas pola comida na residencia da Pontenova motivo de reunión do BNG cos usuarios

Ante as queixas xurdidas novamente na vivenda comunitaria de A Pontenova polo servizo de...

ACIAFoz sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais focegos

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta...

A Garda Civil investiga a tres persoas por deliti de ameazas e inxurias

A Garda Civil investiga na localidade lucense da Pontenova os tres presuntos autores de...

Burela dá por rematadas as obras de mellora no abastecemento da rúa Lamestra

O Concello de Burela informa do remate das obras de ampliación e mellora da...