IniciosociedadeTrabada tenta fixar poboación con axudas á natalidade e ao sector agrogandeiro

Trabada tenta fixar poboación con axudas á natalidade e ao sector agrogandeiro

O Concello investirá 19.000 euros en cinco liñas de axudas que aspiran a frear o despoboamento

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada move peza para frear a despoboación no municipio. O goberno local aprobou as bases regulamentarias para poñer en marcha cinco liñas de axudas, que suporán un investimento de 19.000 euros, co obxectivo de fixar poboación.

PRIMAS AOS NACEMENTOS

O executivo municipal destinará un total de 3.000 euros ao fomento da natalidade. Os demandantes das axudas deberán residir no concello desde polo menos un ano antes do nacemento ou da adopción do fillo, que será empadronado en Trabada.

Así, os veciños poderán optar a 400 euros por cada nacemento e outros 400 pola matriculación do pequeno no Ceip Celso Currás. A presentación de solicitudes remata o 31 de decembro.

ESCOLARES

O goberno local trabadense reservará unha contía de 1.000 euros para que o alumnado do colexio público do municipio merque libros ou material escolar. O Concello destinará 4.000 euros para transporte, un orzamento do que se beneficiarán os trabadenses que cursan estudos post-obrigatorios fóra do municipio.

FOSAS SÉPTICAS

Outra das liñas de axudas, cun importe de 3.000 euros, ten que ver coa instalación de sistemas de depuración de augas residuais domésticas mediante fosas sépticas. O importe máximo por solicitante é de 300 euros.

EXPLOTACIÓNS AGROGANDEIRAS

Finalmente, as subvencións con maior orzamento previsto, 9.000 euros, serán para axudar aos agricultores e gandeiros coas súas explotacións.

O goberno local aspira con estas bonificacións a que os propietarios podan contratar traballadores ou autónomos en períodos de acumulación de tarefas, como as campañas de ensilado ou recollida de produtos da horta. Así, a contía da axuda é de 20 euros por día de traballo, cun máximo de 25 xornadas e 500 euros por explotación.

PRAZO

Nos catro últimos casos, a data límite para solicitar as subvencións será o 20 de novembro. Os interesados poderán facelo unha vez se publique o documento correspondente no BOP.

ÚLTIMAS

María José Ginzo, matemática: “Unha conclusión é que o mapa dos apelidos galegos coincide cos das dióceses”

-Que motivación viches en realizar un traballo arredor dos apelidos, a súa cuantificación e...

As néboas perennes do Alto do Fiouco manteñen o debate sobre a seguridade viaria na A-8: “Cando xa estás no túnel de néboa, non...

Nos verdes pasteiros que disecciona a Autovía do Cantábrico ao seu paso polos municipios lucenses...

Foz fai un balance positivo do verán con mil visitantes máis que en 2023

As oficinas de turismo de Foz e o Centro de Interpretación da Basílica de...

A Deputación de Lugo asina un convenio para impulsar a formación de redeiras

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...