IniciosociedadeUnha sala de radioloxía de Urxencias ficou avariada desde o 15 de...

Unha sala de radioloxía de Urxencias ficou avariada desde o 15 de setembro

A CIG denuncia que o único TAC do Hospital da Costa tampouco estivo operativo e a Xunta responde que as repercusións asistenciais "foron mínimas"

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) afirmou nun comunicado que a sala de radioloxía 1 de Urxencias do Hospital da Costa, avariada desde o pasado día 15 de setembro, “estará previsiblemente arranxada este mércores”. O organismo da Xunta de Galicia respondeu así a unha denuncia da CIG-Saúde.

O sindicato asegurou que o único éscaner para realizar tomografías axiais computarizadas (TAC) do que dispón o centro hospitalario mariñao tamén se atopa avariado. Ademais, precisou a CIG, a sala 2 de radioloxía non está operativa ao cen por cen.

ADULTOS EN PEDIATRÍA

A central nacionalista lembrou que estas carencias supoñen “unha sobrecarga para os profesionais” e “atrasos nos resultados das probas para a diagnose” nun momento “no que a ocupación do Hospital da Costa é do 100%, con adultos ingresados en pediatría por falta de camas“.

O SERGAS NEGA “ATRASOS”

Fontes do Sergas resaltan que “está previsto que este mércores estas avarías queden solventadas” e negan os atrasos denunciados pola CIG. “Adoptáronse todas as medidas necesarias para reorganizar a actividade e a repercusión asistencial foi mínima e escasa“, subliñan.

CRÍTICAS AO PP

A CIG preguntou aos responsables do PP da comarca se os aparatos avariados “son os máis e mellores servizos” anunciados para o Hospital da Costa. O Sergas, pola súa banda, insiste en que o Plan Director do complexo hospitalario inclúe “actuacións futuras no servizo de radiodiagnóstico“.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...