IniciosociedadeO BNG de Burela reclama ao Concello “melloras inmediatas” na recollida do...

O BNG de Burela reclama ao Concello “melloras inmediatas” na recollida do lixo

O Bloque afirma facerse eco das queixas dos veciños polo "descoido" das zonas menos céntricas e reclama que non se suba a taxa, posto que o servizo "non mellorou"

Publicada o

JUAN MAYA. O Bloque Nacionalista Galego de Burela esixe ao Concello “melloras inmediatas” en relación ao servizo de limpeza da localidade despois de recibir queixas da veciñanza. A formación nacionalista expón que xa trasladara estas protestas veciñais no pleno ordinario do pasado 30 de xullo. O voceiro do BNG, Mario Pillado, comunicou que no grupo municipal se ven “desbordados” coas queixas que reciben e lles trasladan directamente os veciños e lamentan que o rexedor, Alfredo Llano, “negue a maior”. “Seguimos insistindo en que se están a intensificar os esforzos nas zonas mais céntricas, mentres moitos outros puntos e rúas están descoidadas”, deplorou Pillado. O voceiro tamén criticou que o lixo se acumula “arredor dos contedores cheos” e que, despois das tarefas de limpeza que se realizaron nalgúns solares de Burela, o lixo “non foi retirado”. O Bloque esixe ao equipo de goberno “cumprir a súa promesa” e non subir a taxa do lixo, posto que “o servizo non mellorou”. A agrupación sostivo que, a pesar de ser a terceira empresa contratada, “a problemática é sempre a mesma”.

PROBLEMAS “DESDE QUE SE PRIVATIZOU”

Apuntan tamén a que a problemática atópase “na privatización do servizo: chámese Xan ou Pericán, en Burela estamos sempre nas mesmas dende que se privatizou”. Despois da prórroga concedida a Geseco, o Concello, grazas á abstención do Bloque nun pleno extraordinario celebrado en maio, logrou adxudicar os servizos de recollida do lixo, limpeza viaria e das praias e xestión do punto limpo a Urbaser. O acordo fora aprobado na segunda tentativa debido á oposición do Partido Popular e máis do Bloque debido, principalmente, ao aumento do prezo (150.000 euros) que traería parello o cambio de empresa.

INSTAN AO CONCELLO A “BUSCAR ALTERNATIVAS” PARA “RECUPERAR O SERVIZO”

O portavoz nacionalista considerou que, a pesar de que os socialistas perderan na anterior lexislatura “a oportunidade de traballar na recuperación do servizo”, agora teñen “tempo por diante” para poder “buscar alternativas”. O voceiro considera que dende a súa formación “achegaron opcións sistematicamente” e que o problema atópase na falta de “vontade política” e de “traballo honesto”.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...