IniciosociedadeO BNG de Lourenzá propón trasladar a feira ao centro da vila...

O BNG de Lourenzá propón trasladar a feira ao centro da vila para beneficiar a comercio e hostalería

Arredor de 20 comerciantes apoian o traslado da venda ambulante á Praza do Conde Santo e a rúa Paseo de Oia, segundo a formación nacionalista

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Lourenzá propón que os postos de venda ambulante que participan nos días das feiras, 9 e 28 de cada mes, se trasladen á Praza do Conde Santo e á rúa Paseo de Oia, na súa contorna. Así o anunciou a formación nacionalista, que concretou que logo da realización dunha campaña de sinaturas arredor de 20 comerciantes apoiaron a solicitude.

“Pola situación actual provocada pola pandemia da COVID-19 e a necesidade de protexer á poboación de posibles contaxios, recoméndase o desenvolvemento ao aire libre das diferentes actividades levadas  a cabo polo público en xeral. Logo parécenos lóxico e factible que a actividade económica que xeran as feiras do 9 e do 28 de cada mes sexa aproveitada para o fomento do comercio local mediante o traslado dos postos da feira ata o centro da vila, o que impulsaría positivamente a economía das tendas e a hostalería”, remarca a agrupación local frontista.

“Na actualidade os postos sitúanse fóra da nave da feira e mentres dure o bo tempo entendemos que seguirá a ser así. Ademáis, o incremento de visitantes nesta época estival debe ser aproveitado para beneficio da veciñanza e da actual maneira desvíase cara o mercado gandeiro e non repercute no comercio local tanto como podería se os postos ocupasen unha das rúas do pobo, como pasa nos concellos veciños”, argumenta o BNG laurentino.

Dita inciativa foi rexistrada nas dependencias do Concello e será proposta como moción pola formación frontista no próximo pleno do mes de setembro.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...