IniciosociedadeO PP alerta de "accidentes de peóns" na rúa Deputación de Ribadeo

O PP alerta de “accidentes de peóns” na rúa Deputación de Ribadeo

Os populares advirten do deterioro da vía e tamén de Benito Preto Coussent, no casco da vila

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Ribadeo alerta sobre o deterioro dalgunhas rúas do casco urbán da vila, como Benito Prieto Coussent e Deputación. Os populares instan ao goberno local a que arranxe estas vías xa que, aseguran, “xa se produciron accidentes de viandantes polo seu mal estado”.

O voceiro do grupo municipal popular, Jesús López Penabad, afirma que esas rúas requiren “dun arranxo inmediato e profundo”. O dirixente do PP local asegura que “na rúa Deputación, recentemente arranxada porque hai meses renovaron parte do pavimento, está habendo accidentes continuamente por tropezos de peóns nas beirarrúas”.

CAMIÑO DE SANTIAGO

López Penabad lembra que se trata “dunha rúa moi transitada, por veciños e peregrinos”, xa que é parte do traxecto do Camiño de Santiago. Deste xeito, urxe ao Concello a que arranxe a vía antes de que “pase algo grave que cause danos ás persoas e repercuta nas arcas municipais”. 

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...