IniciosociedadeA Deputación mellora con 112.000 euros dúas estradas no Valadouro

A Deputación mellora con 112.000 euros dúas estradas no Valadouro

As obras afectaron á vía a Burela por Vilaestrofe e continúan na que conecta Campón con Eixo de Moas por Güin

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo arranxará 4,4 quilómetros de dúas estradas de titularidade provincial no Valadouro. O investimento ascende a 112.500 euros. 

TRÁNSPORTE DE MADEIRA

Unha delas é a LU-P-1502, que vai de Burela a Ferreira por Vilaestrofe. Esta vía, próxima ao centro urbano, soporta o tránsito cara os parques eólicos e os repetidores, así como o transporte de madeira. As obras, xa rematadas, afectaron a 1,8 quilómetros desta estrada.

TRÁNSITO CARA AS PRAIAS

No caso da LU-P-6303, que conecta Campón co Eixo de Moas por Güin, as actuacións están en execución e afectan ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0 e o 2,650. Esta vía é usada para o transporte de madeira e recolle o tránsito cara as praias de Foz.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...