IniciosociedadeUn milleiro de escolares participa nunha demostración da Garda Civil en Ribadeo

Un milleiro de escolares participa nunha demostración da Garda Civil en Ribadeo

A institución iniciou as actividades do curso cunha exhibición no peirao ribadense, na que por primeira vez na bisbarra participaron axentes do Servizo Marítimo

Publicada o

- Advertisement -

Arredor dun milleiro de escolares dos municipios de Trabada, Barreiros e Ribadeo participou nunha xornada de achegamento á Garda Civil enmarcada dentro do Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna.

O acto, que se celebrou no peirao ribadense, contou coa presenza da subdelegada de Goberno, Isabel Rodríguez, e do alcalde, Fernando Suárez Barcia.

SEIS CENTROS EDUCATIVOS

Participaron no evento alumnos dos centros ribadenses Ceip Gregorio Sanz, do IES Dionisio Gamallo Fierros, do CIFP Porta da Auga e do CPR Sagrado Corazón; tamén do CEIP Xosé Luis Taboada, de Trabada, e do CEIP San Cosme barreirense.

EXPOSICIÓN DE MEDIOS

A xornada educativa consistiu nunha exposición de medios e varias demostracións. O alumnado asistiu a exhibicións acuáticas e de cans adestrados, aéreas e de montaña. Membros do Servizo Marítimo da Garda Civil participaron no encontro por primeira vez na provincia de Lugo.

Embarcación do Servizo Marítimo. AXM

Tamén acudiron ao encontro membros da Unidade de Helicópteros, do Grupo de Actividades Subacuáticas, especialistas de Montaña, axentes da Agrupación de Tráfico, Seguridade Cidadá e Patrulla Fiscal, do Servizo de Protección da Natureza, do Servizo de Intervención Rápida e da Policía Xudicial, así como os capitáns xefes da cuarta e primeira Compañía da Comandancia de Lugo.

PLAN PARA A CONVIVENCIA

Dentro do Plan Director para a Convivencia prográmanse charlas nos centros educativos, tanto por parte da Garda Civil como por parte da Policía Nacional. A prevención do acoso escolar, os riscos de internet ou a violencia de xénero son algúns dos temas tratados.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...