IniciosociedadeViveiro creará unha mesa local contra a violencia machista

Viveiro creará unha mesa local contra a violencia machista

Constituirase o 8 de outubro e estarán presentes representantes dos sectores educativo, sanitario ou xudicial

Publicada o

- Advertisement -

Trala aprobación do Real Decreto-Lei de medidas urxentes para o desenvolvemento do pacto de estado contra a violencia de xénero, que devolve competencias aos Concellos neste ámbito, e despois dos catro asasinatos perpetrados en nove horas o pasado día 25, o equipo de goberno de Viveiro anunciou que creará unha mesa local contra a lacra social do machismo.

A mesa constituirase o 8 de outubro, na sala de xuntas ás 11.00 horas. A alcaldesa, María Loureiro, expón que “o noso obxectivo é sumar esforzos para facerlle fronte á violencia de xénero”. A rexedora citou para a primeira reunión, constitutiva da mesa, á subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e á secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella.

A intención do goberno de Viveiro é que teñan voz neste órgano de coordinación todos os sectores sociais.

GRUPOS POLÍTICOS E FORZAS DE SEGURIDADE

Por iso, están convocados á primeira xuntanza da mesa a concelleira de muller, Lara Fernández, persoal desta mesma concellería e de servizos sociais, membros de Policía Local, Nacional e Garda Civil e voceiros dos grupos políticos da corporación municipal, ademais de técnicos do Xulgado, centro de saúde e oficina de emprego.

CENTROS DE ENSINO

Tamén están chamados a participar representantes dos centros educativos do municipio: CEIP de Covas, Celeiro e Santa Rita de Galdo, CPR Landro, CEP Lois Tobío e IES Vilar Ponte.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...