IniciosociedadeFoz adhírese á Aplu, na que delegará a disciplina en urbanismo

Foz adhírese á Aplu, na que delegará a disciplina en urbanismo

O alcalde asegura que o municipio gañará "seguridade xurídica" e avanza que o inventario de bens públicos irá a pleno este xoves

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz asinou este mércores un convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (Aplu) para delegar neste organismo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, as competencias en materia de disciplina no tocante ao urbanismo en solo de núcleo rural.

Así, o goberno local focego encomendará á axencia as competencias de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade en relación coas obras que se executen sen licencia urbanística ou sen axustarse as condicións que establece a normativa.

a axencia asume competencias en inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade no solo de núcleo rural

O convenio inclúe tamén a tramitación de expedientes de reposición da legalidade urbanística e sancionadores e a vixiancia da servidume de protección do dominio público marítimo terrestre. Ademais, a Aplu ofrecerá asesoramento técnico e xurídico ao goberno local e colaborará na concienciación social en valores proteccionistas do patrimonio natural.

No ámbito económico, o municipio recibirá o 10% do importe da recadación de multas e sancións impostas no concello, tanto na competencia propia da Aplu -solo rústico- como na competencia delegada -solo de núcleo rural-.

73 MUNICIPIOS EN GALICIA

Outros catro concellos ademais de Foz –Lobios, Xunqueira de Espadañedo, Mondariz-Balneario e Brión– asinaron este mércores o convenio de adhesión á Aplu. Deste xeito, son 73 -de 313– os municipios galegos que delegaron competencias na axencia. O pacto será efectivo despois da publicación do mesmo no Diario Oficial de Galicia.

“SUSTENTABILIDADE”

O alcalde de Foz, o popular Javier Castiñeira, sinala que o acordo ten un obxectivo, o de “ter un urbanismo sustentable non só nos núcleos urbáns senón tamén no rural”. O rexedor subliñou que “trala aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), a partir de hoxe imos ter unha maior seguridade xurídica para dar confianza aos veciños e aos que decidan investir no noso concello”.

BENS PÚBLICOS

Castiñeira avanzou que, tralo inventario de camiños públicos, o vindeiro xoves irá ao pleno o rexistro de bens públicos”.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...