IniciosociedadeBurela investirá 60.000 euros para converter o parque de Suafonte "no mirador...

Burela investirá 60.000 euros para converter o parque de Suafonte “no mirador do porto”

O goberno local licitou obras para modernizar o espazo e espera que estea listo a final de ano

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela potenciará cun investimento de 60.000 euros o parque de Suafonte, que pretende converter nun miradoiro para o peirao burelés. O goberno local licitou as obras de mellora, que espera rematar a final de ano.

As actuacións consistirán no cambio da estrutura da fonte que hai no parque e na substitución por un manancial con caudais alternativos. Ademais, incluiranse novos aparatos de xogos e mellorarase a contorna coa plantación de árbores.

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, sinala que se trata dun espazo público “que non é moi utilizado e que imos transformar para adecualo aos tempos actuais. Está nunha zona tranquila, resulta un miradoiro perfecto para o porto e queremos darlle unha forma máis vistosa e que poda ser empregado con todas as garantías”, sinala.

ESCOLA INFANTIL

Llano mantivo unha xuntanza en Santiago con representantes do Consorcio de Igualdade e Benestar, na que solicitou aos responsables “unha revisión xa no sistema de calefacción da escola infantil, que está estropeado e practicamente nin se utilizou. Nós imos colaborar con esta institución, que é a que ten que arranxar este problema e é importante que sexa canto antes”, espuxo o alcalde.

DOCE NENOS SEN PRAZA

O rexedor sinala tamén que o goberno local busca solucións para os nenos que quedaron sen matrícula na escola infantil. Son “doce nenos sen escolarizar, aínda que se está tratando que dunha maneira ou doutra se podan incorporar”.

ÚLTIMAS

A exconcelleira de Igualdade de Viveiro dimite e renuncia á súa acta como edila

A exconcejal de Igualdade en Viveiro, Lara Fernández-Noriega, decidiu presentar a súa dimisión e...

Cervo Concilia para esta Semana Santa

O Concello de Cervo puxo en marcha unha nova edición de Cervo Concilia nesta...

Burela acollerá o XV Encontro de Palilleiras o 17 de maio

O Concello de Burela, en colaboración coa asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras...

Récord de participación na Carreira das Praias en Barreiros

O circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros segue a medrar e a consolidarse como un...