IniciosociedadeBurela acollerá o domingo un taller de robótica para nenos

Burela acollerá o domingo un taller de robótica para nenos

O alumnado deseñará os seus propios robots nunha actividade gratuíta e sen inscrición

Publicada o

- Advertisement -

A Ampa do Ceip Vista Alegre e o Concello de Burela organizan o vindeiro domingo, 30 de setembro, un taller de robótica para nenos.

SEN LÍMITE DE IDADE

O obradoiro, que se celebrará na Praza da Mariña desde as 17.30 horas, será de balde e non fará falta matricularse. Poderán participar nenos de calquera lugar de procedencia e de calquera idade.

PROGRAMACIÓN

Os pícaros que participen na actividade terán a guía de profesionais da empresa Robotix. Os pequenos aprenderán de programación e a partir de pezas de Lego deseñarán o seus propios robots, cos que farán xogos.

PARTICIPACIÓN ABERTA

O edil de cultura, José Díaz, sinala que os participantes poderán “coñecer as novas tecnoloxías” e agradece a proposta da Ampa, que non só beneficiará ao centro senón tamén “a todo o pobo”. 

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...