IniciosociedadeViveiro espera adxudicar en novembro cinco obras en Lodeiro, Covas e Celeiro

Viveiro espera adxudicar en novembro cinco obras en Lodeiro, Covas e Celeiro

As actuacións enmárcanse no Plan Único, financiado pola Deputación de Lugo

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local de Viveiro iniciou os expedientes de contratación das obras incluídas dentro do Plan Único da Deputación de Lugo.

LODEIRO

Unha delas é a mellora das beirarrúas de acceso ao barrio do Lodeiro. O orzamento ascende a 23.174 euros e consiste na actuación en tres zonas da vía: fronte á gardería, fronte ao centro de saúde e fronte ao aparcadoiro existente na zona de xogos.

COVAS

Outra das actuacións é o recheo do paseo marítimo de Covas, no treito fronte aos illotes dos Castelos, cun presuposto de contrata de 43.626,95 euros.

Tamén en Covas, acometerase a mellora da contorna da praia, un lugar de moito tránsito rodado e peonil, especialmente na época estival. Cun orzamento de 43.606 euros, procederase a restituír o treito de beirarrúa próximo á C-642 e dotarase ao resto do vial de alumeado e beirís.

CELEIRO

Outro dos proxectos que financiará o goberno provincial é a pavimentación -coa aplicación de formigón impreso e a restitución da rede de saneamento e abastecemento de auga na rúa da Calexa, en Celeiro. O orzamento ascende a 64.021 euros.

De igual xeito actuarase entre os números 96 e 102 da rúa Grande, na mesma localidade. Nesta vía, a arteria principal de comunicación do núcleo urbán co peirao, substituírase a soleira de formigón por soletas de granito e melloraranse os servizos de abastecemento de auga, sumidoiros e alumeado público. O investimento será de 38.310 euros.

O goberno local estima que axudicará as obras, previsiblemente, entre finais de outubro e principios de novembro. Cada unha das actuacións ten un prazo de execución medio de dous a tres meses. Segundo o establecido nas bases desta subvención, o prazo para a execución destas obras remata en outubro de 2019.

TOXEIRAS, PENDENTE DE AUTORIZACIÓN

Un proxecto pendente, tamén incluído no Plan Único, é a ampliación da rede de saneamento de Toxeiras, cun custo de 47.260 euros. O goberno local sinala que este plan está á espera da autorización sectorial de Augas de Galicia, cuxa solicitude, afirma o Concello, foi remitida o pasado 5 de xuño.

ÚLTIMAS

O futuro da Mariña: unha historia aínda sen argumento

Alcoa anunciaba que paralizaba a construción do forno de cocción de ánodos, un dos compromisos...

Alcoa seguirá adiante coa venda de San Cibrao ao rexistrar máis perdas millonarias: 237 millóns ata marzo

Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou perdas por importe neto atribuído de 252 millóns...

Trabada solicita unha subvención para renovar a vivenda da Unitaria de Vidal

O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo...

Burela acollerá será a primeira fase da ximnasia rítmica Escolar, Promoción e Pre-Base

O Concello de Burela acollerá, no pavillón Vista Alegre, a Primeira Fase da Liga...