IniciosociedadeCoñece as gañadoras do concurso de balcóns de Mondoñedo

Coñece as gañadoras do concurso de balcóns de Mondoñedo

Pilar Pedreira Piñeiroa gañou ao xurado na terceira edición do certame, que impulsa o Concello

Publicada o

- Advertisement -

O Concello fixo públicos os nomes dos gañadores do Concurso de Balcóns e Fachadas Cidade de Mondoñedo, un certame que impulsa o goberno local para lucir o casco histórico da cidade.

Pilar Pedreira Piñeiroa foi a gañadora da edición 2018 do concurso, cunha nota de 7,67 e un premio de 250 euros. Cristina Carracedo Doural obtivo o segundo posto, cun 7,17 e unha dotación de 200 euros.

O terceiro premio foi para Ángeles Sánchez Armesto, que gañou 150 euros, polos 100 que se embolsou Estrella Terrón Tiagone, que obtivo a cuarta praza. José Luis Sánchez, que recibiu 75 euros, e Cristina de Palacios, que levou 50, completaron o cadro de honra do certame.

CALIDADE

O concelleiro de cultura, Alberto García, destaca a calidade das propostas desta edición, que mantivo as cifras de participantes dos dous anos anteriores.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...