IniciosociedadeXove acollerá o 29 de setembro unha concentración de vehículos clásicos

Xove acollerá o 29 de setembro unha concentración de vehículos clásicos

A comitiva realizará un percorrido que se deterá na Rigueira para desfrutar do San Miguel

Publicada o

- Advertisement -

Xove acollerá o 29 de setembro a segunda edición da concentración de vehículos clásicos e históricos, que organiza a asociación Autoclásicos da Mariña Lucense en colaboración co Concello. A organización agarda a participación de coches e motos de Galicia e Asturias.

PERCORRIDO

O centro cívico será o punto de reunión, ás 9.00 horas, e de partida, desde as 11.30, dun percorrido duns dez quilómetros polo concello. Os participantes deteranse na Rigueira para participar da celebración do San Miguel e tamén coñecerán a Ruta dos Muíños.

A comitiva seguirá polo Cruceiro, para dirixirse á Vara, Os Faroles, Xuances e Area, onde rematará o traxecto cun xantar no restaurante Louzao. Ao remate, haberá unha entrega de premios e o sorteo dunha serie de produtos doados polas empresas colaboradoras.

INSCRICIÓN

A organización manterá aberta a inscrición durante a vindeira semana. Anotan no número de teléfono 652.36.46.10.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...