IniciosociedadeA Deputación mellora con 107.000 euros a vía que une Trabada con...

A Deputación mellora con 107.000 euros a vía que une Trabada con Lugo

O goberno provincial actuou en tres quilómetros e está a redactar o proxecto para acondicionar outros tantos da mesma estrada

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación ultima as obras de mellora da estrada LU-P-5506, que comunica Augaxosa con Trabada. As actuacións suporán un investimento de 107.000 euros.

As actuacións, que afectaron a tres quilómetros -do punto 7,230 ao 10,230- da estrada, consistiron na rehabilitación do firme con aglomerado en quente, na limpeza de cunetas e renovación da sinalización horizontal e vertical.

Esta vía é, segundo asegura a deputada de economía e alcaldesa, Mayra García Bermúdez, “a vía de comunicación máis importante deste concello coa capital de provincia”.

EN REDACCIÓN

A alcaldesa, que visitou as obras co presidente do goberno provincial, Darío Campos, anunciou que “neste momento estase redactando o proxecto para arranxar outros tres quilómetros deste mesmo vial. Así as cousas, Trabada xa ten melloradas todas as estradas principais que atravesan o Concello e polas que transitan máis vehículos”, concluíu.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...