IniciosociedadeOs xemelgos non terán que estar en aulas separadas grazas a unha...

Os xemelgos non terán que estar en aulas separadas grazas a unha familia de Viveiro

A Xunta dá a razón ás ANPAS e recomenda estudar cada caso de forma individual

Publicada o

- Advertisement -

As decisións sobre separar ou agrupar nas aulas a irmáns nados en partos múltiples adoptaranse atendendo a cada caso individualmente, e valorando a opinión de docentes, servizos de orientación e familias.

Consellería de Educación vén de transladar esta recomendación a todos os colexios galegos en resposta a unha demanda encabezada pola Confederación de ANPAS Galegas, contraria a que os criterios se establecesen a priori nas Normas de Organización e Funcionamento dos colexios.

“Non existe evidencia científica que demostre que a separación ou a unión sexa positiva nin negativa”, apunta a consellería

“A pretensión desta confederación, totalmente de acordo coa posición maioritaria das familias que viven esa circunstancia, sempre foi a de considerar que a conveniencia de xuntalos ou separalos dependía totalmente das peculiaridades de cada neno ou nena, do xeito de se relacionar co  outro xemelgo, e da súa capacidade e intereses na relación cos outros nenos e nenas”, expoñen as ANPAS nun comunicado no que se felicitan polo posicionamento da Consellería.

“Quen coñecemos perfectamente esas características somos exclusivamente súas nais e pais; máis aínda unha vez que está totalmente demostrado que non existe ningún tipo de incidencia académica, e que a eses efectos tanto ten que estean na mesma clase como en clases separadas (…) Os últimos estudos neste campo tenden cada vez máis á idea de que non hai unha solución igual para todos os casos pois cada parella de múltiples é diferente”, continúa a nota da confederación.

SEPARACIÓN NO LOIS TOBÍO

O colectivo vén solicitando o posicionamento da Xunta de Galicia desde o curso pasado, amparando a demanda dunha familia de Viveiro cuxas fillas xemelgas, escolarizadas no colexio Lois Tobío, ían a clases separadas, dacordo co propio regulamento interno do centro que establecía esta solución estandarizada.

Aínda que cada centro decidise con autonomía, a separación viña sendo a opción máis extendida, baixo o argumento de que favorece o desenvolvemento dunha personalidade propia, pero a ciencia non avala esta teoría, tal e como establece agora o pronunciamento da Consellería.

A situación dunhas xemelgas nun centro viveirense DEU ORIXE Á campaña da Confederación de ANPAS

Non existe evidencia científica que demostre que a separación ou a unión dos xemelgos, dos mellizos ou de calquera outro tipo de múltiples sexa positiva nin negativa para o desenvolvemento da súa autonomía e identidade”, sinala.

VALEDORA DO POBO

En xuño pasado, a nai das xemelgas, Lidia Feáns, e mais o vicepresidente da Confederación de ANPAS, Fernando Lacaci, transladaron a súa demanda á Valedora do Pobo, Milagros Otero. O seu requerimento á Xunta de Galicia foi respondido agora con este pronunciamento satisfatorio para as familias.

“RECOÑECEMENTO DA DIVERSIDADE”

“Para nós, máis aló de que se nos recoñeza o noso acerto, o máis importante é o paso dado no recoñecemento da diversidade, é outro chanzo subido na consideración de todos os individuos, de todo o alumnado, como merecente de toda a atención que a súa personalidade e circunstancias demanden”, conclúen desde a Confederación.

ÚLTIMAS

Karina Parga, IES Perdouro: “un servizo de acollida é fundamental para un alumno chegado de fóra que descoñece a realidade de aquí”

Cal ou cales foron os eixos da túa intervención no Seminario Nacional de Atención...

Viveiro realizará reformas para mellorar a piscina e o ximnasio municipais

O Concello de Viveiro acometerá diferentes actuacións para mellorar as instalacións da piscina...

Foz organiza un ciclo de charlas médidas para os días 13, 20 e 27 de novembro

O Concello de Foz organiza un ciclo de charlas médicas que se celebrarán os...

Cursos gratuítos de ACISA Ribadeo a través de APE Galicia para os asociados e empregados

Acisa Ribadeo, a través de APE Galicia, ofrece cursos gratuítos aos seus asociados e...