InicioCulturaA Escola de Música de Burela impulsará acordos con centros europeos

A Escola de Música de Burela impulsará acordos con centros europeos

A escola de Gütersloh, en Alemaña, será o primeiro destino nesta apertura ao exterior na que o director do centro burelao quere implicar tamén a outros da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

A Escola de Música Municipal de Burela impulsará convenios con centros doutros países para enriquecer a súa proposta educativa. O director, Xan Carballal, viaxará a vindeira semana a Alemaña para estreitar lazos coa escola musical de Gütersloh, no estado de Renania do Norte-Westafalia, coa que xa mantiveron contacto durante o verán.

Carballal, que anunciou o proxecto na presentación do novo curso, explicou que se trata de abrir unha  “ventá ao exterior”, á que poidan asomarse tamén usuarios, familias e administracións, para ver “a forma de traballar, os recursos pedagóxicos e as infraestruturas” cos que contan países que están na vangarda neste ámbito.

A ESCOLA de Música presentou este luns o novo curso, con listas de agarda na maioría das especialidades

O director avanzou a intención de avanzar neste proxecto da man doutros centros da comarca como as escolas de Mondoñedo, Xove, Foz e Ribadeo, ou o conservatorio de Viveiro. “Eu creo que a forma de abordar estes asuntos é mediante a unión dos distintos centros que forman parte da Mariña. Xa temos feito en varias ocasións proxectos conxuntos que nos deron moi bo resultado”, lembrou.

PRAZAS COMPLETAS

Xan Carballal vinculou esta apertura ao exterior á consolidación da oferta formativa da escola, que cubriu as prazas en todas as especialidades, salvo clarinete e saxo nas que quedan algunhas vacantes. “Na maioría das especialidades temos lista de agarda, o que mostra que a educación musical ten cada vez unha maior aceptación na sociedade”,  opinou.

IMPULSO  ÁS AGRUPACIÓNS

O curso 2018-2019 comeza tamén co propósito por parte da escola de “impulsar a banda, o grupo vogal e a orquestra para conseguir que sexan referentes e sinais de identidade” do centro.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...