IniciosociedadeA Deputación ofrece atención profesional a 53 maiores de Riotorto

A Deputación ofrece atención profesional a 53 maiores de Riotorto

O servizo de axuda no fogar atende a 49 persoas e catro son beneficiarias da teleasistencia

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 53 maiores de Riotorto desfrutan de atención profesional mediante a Teleasistencia e o Servizo de Axuda no Fogar que impulsa a Deputación de Lugo, cun investimento de 24.000 euros.

Deses 53 anciáns, 49 veciños benefícianse do servizo de axuda no fogar (SAF) e outros catro da teleasistencia, gratuíta e dirixida ás que sofren algún tipo de limitación en canto á súa autonomía. Esta prestación está operativa 24 horas. 

No tocante ao SAF, o goberno provincial sufraga, nos 66 municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia, os gastos de persoal do servizo a domicilio, como o acompañamento a citas médicas, entre outras cuestións, que redunden na mellora da atención profesional aos usuarios deste servizo.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...