IniciosociedadeO Concello de Trabada custea o bus para os cursos de natación...

O Concello de Trabada custea o bus para os cursos de natación en Ribadeo

O Concello abriu o prazo de inscrición e o horario da actividade será os venres, de 19.30 a 20.15

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada financiará por segundo ano consecutivo o custo do transporte para os veciños que acudan aos cursos de natación que se imparten na piscina municipal de Ribadeo.

HORARIOS E PREZOS

O horario dos cursos para grupos –nenos e adultos– na piscina ribadense será os venres, de 19.30 a 20.15 horas. As cotas mensuais ascenderán a 10,41 euros por crianza e 18,23 por cada persoa adulta, que terá acceso ás instalacións deportivas durante ese mesmo horario. Ao tratarse dun conxunto pechado, os usuarios non terán que aboar a matrícula.

INSCRICIÓN

O goberno local trabadense lembra que precisa saber se conta co número mínimo de inscritos para prestar o servizo e empraza aos veciños interesados a que pasen polas oficinas municipais para inscribirse. Terán preferencia aqueles que participaron o ano pasado nos cursos de natación.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...