IniciosociedadeVogue recomenda para este verán Sargadelos ou o bonito de Burela

Vogue recomenda para este verán Sargadelos ou o bonito de Burela

Redactores da edición española da revista escolleron os seus recunchos favoritos de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

A prestixiosa revista de moda e estilo de vida Vogue recomenda nunha guía de viaxe varios recursos turísticos emblemáticos da Mariña Lucense, como Sargadelos e o Paseo dos Namorados ou a Feira do Bonito de Burela, de Interese Turístico Nacional.

Cada un dos redactores galegos da edición española de Vogue escolleu o seu lugar favorito. A Pasaxe do Pedrido, a Ribeira Sacra ou as Fragas do Eume foron algúns dos recunchos escollidos polos xornalistas.

A cervense Paloma Abad destacou o Paseo dos Namorados como un lugar que ben podería servir de inspiración para escribir ‘El Bosque Animado‘, recomendou unha visita pola fábrica de cerámica de Cervo e tamén, de non celebrarse finalmente a tradicional exaltación gastronómica de agosto en Burela por mor do coronavirus, probar o bonito tanto fresco como en conserva -ou en empanada- nos restaurantes e tendas da vila. Preme nesta ligazón para ler a reportaxe de Vogue.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...