IniciosociedadeViveiro demanda á Xunta solucións para a siniestralidade no Pirixel

Viveiro demanda á Xunta solucións para a siniestralidade no Pirixel

O goberno local segue sen resposta da AXI tras enviar un informe das incidencias na estrada no pasado mes de abril

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local de Viveiro enviou unha carta á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para urxila a que adopte as medidas necesarias para evitar o alto índice de siniestralidade na LU-102, a antiga estrada Viveiro-Ribadeo, de titularidade autonómica.

A alcaldesa, a socialista María Loureiro, lembra que xa presentou unha solicitude por este motivo en abril do 2018. Daquela remitiu ao Goberno galego unha copia do informe técnico emitido pola Policía Local do Concello de Viveiro.

entre 2017 e 2018 houbo máis accidentes ca nos catro anos anteriores

No dossier documéntanse 22 accidentes desde o ano 2013, a metade deles deles en 2017 e 2018, aínda que está cifra está desfasada, pois dende marzo producíronse máis sinistros. Segundo o informe, o treito que abrangue os puntos quilométricos 0,600-1,600 é o máis perigoso, con 14 incidentes.

RECOMENDACIÓNS

A Policía recomenda no documento a instalación de redutores de velocidade ou bandas transversais, así como a creación de guías lonxitudinais ao borde do carril, con dispositivos reflectantes, para mellorar a visibilidade.

A rexedora sinala que tras varios meses non se recibiu información sobre as intencións da Xunta e insta ao AXI a que adopte as medidas necesarias para mellorar a seguridade na estrada.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...