IniciosociedadeArranca o centro terapéutico que completa a oferta comercial no conxunto histórico...

Arranca o centro terapéutico que completa a oferta comercial no conxunto histórico de Sargadelos

Reyes Quelle, coa colaboración de catro profesionais, abre Pasiños na Lúa, que ofrece ioga, terapia ocupacional ou masaxes; é o sexto negocio que se instala nas antigas cabaleirizas

Publicada o

- Advertisement -

O Centro de Emprendemento acondicionado no edificio das antigas cabalerizas de Sargadelos completa a súa oferta cunha actividade do sector terapéutico e sociosanitario, bautizado como “Pasiños na lúa”, que ocupa o local número 3. Así o anunciou o goberno local de Cervo a través dun comunicado de prensa.

O edil de Formación e Emprego, o popular David Rodríguez, que visitou este mediodía as instalacións, explicou que “con este novo proxecto cubrimos a totalidade dos locais que acondicionamos no edificio das antigas cabalerizas e que puxemos a disposición das persoas emprendedoras por un aluguer simbólico, que rolda os 20 euros mensuais”.

Rodríguez coñeceu de primeira man o novo centro terapéutico rehabilitador “Pasiños na Lúa” que abriu as súas portas esta mesma semana e que dirixe a terapeuta ocupacional e veciña deste Concello, Reyes Quelle, coa colaboración doutras catro profesionais. O centro ofrece baixo cita previa adestramentos personalizados, clases de ioga, terapia ocupacional a domicilio, servizo de nutrición, acupuntura e masaxes, entre outras.

No nome do equipo de goberno, o edil desexoulle moita sorte a esta nova emprendedora e precisou que “é unha satisfacción poder ver culminar este proxecto no que tanto empeño puxemos, e que agora podemos ver que é unha realidade”.

IMPULSO A UNHA ZONA EMBLEMÁTICA

No Centro de Emprendemento están instalados o establecemento de fabricación e venda de táboas de surf artesanais “Serea Surfboards”, o obradoiro creativo con tenda e estudo de tatuaxes “Enigma”, o centro ecuestre “Cabaliño de Pao”, o café bar cultural “A Sacabeira”, o establecemento de alimentación ecolóxica “Marmeladas A Morena” e o centro terapéutico rehabilitador “Pasiños na Lúa”.

Rodríguez recordou que a ocupación total do Centro avala a “importante aposta que fixemos para poder poñer en marcha este proxecto concibido cun dobre obxectivo; por unha banda co fin de darlle ese impulso ao Conxunto Histórico; e por outra para ofrecerlle a estas persoas emprendedoras unha opción para poder iniciar a súa actividade facendo fronte a un custo asumible”.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...