IniciosociedadeReconto do martes: terceiro día con estabilidade de positivos por coronavirus na...

Reconto do martes: terceiro día con estabilidade de positivos por coronavirus na provincia, 58

O Hospital Público da Mariña segue sen pacientes con Covid-19 e os únicos catro ingresados por mor da pandemia permanecen no HULA

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo mantense estable por terceiro día consecutivo, segundo o reconto oficial ofrecido polo Sergas este martes. A estatística contabiliza 58 positivos.

Non hai ingresados con coronavirus no Hospital Público da Mariña. Os únicos catro hospitalizados a causa da pandemia na área lucense son dous pacientes que se atopan na Uci do HULA e outros dous en planta. Permanecen illados en domicilio 54 doentes.

No histórico da provincia, o Sergas contabiliza 27 falecementos a causa da pandemia, cinco deles na Mariña. Unha sexta persoa faleceu na Uci de Burela tras ingresar por coronavirus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 859 altas.

​834 INFECTADOS EN GALICIA

A nivel galego, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 834, deles 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 121 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 250 da área de Vigo, 137 da de Santiago, e 25 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 permanecen en Uci, 52 están en unidades de hospitalización e 775 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.764 persoas curadas, rexistrándose 614 falecementos. O número de PCR realizadas é de 136.059.

RESIDENCIAS

Nas residencias da Mariña Lucense, a Xunta contabiliza aínda na estatística oficial deste martes o positivo dun maior en Mirador del Eo, a vivenda comunitaria de Ribadeo. A dirección do centro informou de que este usuario xa deu negativo e que o centro funciona con normalidade.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...