Iniciosociedade(VÍDEO) Burela chama á veciñanza a "poñer rumbo na mesma dirección" co...

(VÍDEO) Burela chama á veciñanza a “poñer rumbo na mesma dirección” co comercio local

O Concello resalta que se trata "dun momento importante" e pide aos burelaos "responsabilidade" para mercar nas empresas e "axudar á vila a ser un lugar vivo"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela iniciou unha campaña de apoio ao comercio local, que leva a cabo nos medios de comunicación e nas redes sociais co obxectivo de potenciar as compras nos negocios locais. O lema desta iniciativa promocional é ‘Compra en Burela. O comercio que te guía, aberto‘.

O concelleiro de Comercio e Turismo, Ramiro Fernández Rey, comentou que a campaña “é unha solicitude que nos fixo a asociación de comerciantes nas reunións que vimos mantendo semanalmente con eles”.

O edil burelao explicou que a campaña “vai ter repercusión en moitos medios ademais de nas redes sociais. Fernández Rey anima “á veciñanza de Burela e da comarca a que use o comercio local para facer as súas compras. Eu penso que é un momento importante no que nos necesitan, e creo que tamén é unha responsabilidade de todos co comercio local, que cando fai falta nas actividades dos pobos como as festas de Burela, actos culturais ou deportivos, achegan o seu grao de area para que eses actos poidan saír adiante, xa que sen a axuda do comercio non sería posible”, argumenta.

“Penso que é o momento de devolverlles esa confianza. Facendo as súas compras no comercio local e na hostalería local, os veciños tamén están axudándolle ao pobo a ser un lugar vivo, alegre e que teña movemento económico. Penso que esa responsabilidade debemos exercela e por iso desde o Concello animamos á xente a facer as súas compras no comercio local”, engade.

AXUDAS ECONÓMICAS

Fernández Rey asegura que o Concello axudará ao comercio local “en todo o que poida” e nese sentido remarca que “estamos tamén traballando para buscar algunha maneira de axudarlles economicamente ás empresas que se viron obrigadas ao seu peche durante o estado de alarma“.

O Concello, explica o concelleiro, “traballa nas bases desas axudas, intentando conxugar as necesidades coas limitacións que ten o Concello para poder dar ese tipo de subvencións. Xa temos planificados uns criterios para apoiar aos comerciantes que se viron obrigados a pechar. Quedarán un pouco supeditadas tamén á aprobación dos orzamentos municipais, que esperamos levalos en breve a pleno. Desa aprobación dos presupostos tamén dependerá un pouco a axuda que se lles poida dar a eses comerciantes”, sostén Fernández Rey.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...