IniciosociedadeOs cociñeiros da Mariña prepararán receitas con produtos da bisbarra en tres...

Os cociñeiros da Mariña prepararán receitas con produtos da bisbarra en tres etapas da Vuelta

A agrupación de chefs mariñá promocionará a gastronomía da comarca na zona VIP da proba

Publicada o

- Advertisement -

Unha representación da Asociación de Cociñeiros da Mariña, en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Turismo de Lugo (APEHL), elaborará pratos con produtos típicos da bisbarra na zona VIP de tres etapas de La Vuelta Ciclista a España.

Dentro da campaña de promoción dos produtos da provinciaE para comer, Lugo, os chefs mariñaos estarán este martes en Salamanca, punto de saída da décima etapa da proba. O mércores cociñarán en Mombuey e o xoves en Mondoñedo, no inicio da etapa “mariñá” de La Vuelta, que percorrerá varios municipios da bisbarra e rematará na Estaca de Bares.

Acudirán a Salamanca Waldo González-Redondo, da panadería mindoniense Rubal; David Rodríguez Moledo, de A Mirandilla de Rinlo, e Bruno Pena, de A Horta da Paula, negocio tamén ubicado na cidade episcopal.

PRATOS

Así, Pena preparará pescada de Burela con mousse de Faba de Lourenzá e xelea de pementos de Mougán; Moledo, cordeiro con Fabas de Lourenzá e steak tartare de rubia galega, mentres que González-Redondo cociñará unha empanada de galo de Mos con berza da Horta de Mondoñedo.

Malia o esforzo que supón ausentarse ata tres días dos seus respectivos negocios, o colectivo de cociñeiros da bisbarra apostará pola promoción da gastronomía mariñá nunha das competicións deportivas máis prestixiosas do mundo.

ÚLTIMAS

Foz acende este xoves 5 de decembro o alumeado de Nadal

O Concello de Foz ten preparadas moitas actividades e sorpresas para este Nadal, que...

Ribadeo comeza as obras de mellora da Estrada da Costa

Deron comezo as obras de mellora da estrada da costa, que suporán un investimento...

Lucía Freitas, galardaoada co Primeiro Premio Merlín polo proxecto “Amas da Terra”

A cociñeira Lucía Freitas é a gañadora da primeira edición do Premio Merlín polo...

Comezan as obras de mellora do punto limpo de Viveiro

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa de que xa comezaron as obras de...