IniciosociedadeO BNG de Riotorto pide ao Concello que aclare en que consistirán...

O BNG de Riotorto pide ao Concello que aclare en que consistirán as axudas a autónomos anunciadas

Os nacionalistas urxen ao executivo popular a aprobar e publicar as bases e a convocatoria das achegas e non "seguir vendendo fume"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG pide ao goberno local de Riotorto que aclare en que consistirán as axudas a autónomos anunciadas.

O pasado 4 de abril o executivo municipal anunciou, a través dos perfís oficiais na redes sociais e da aplicación Riotorto Informa, que o Concello pagaría o importe dos recibos das persoas autónomas empadroadas no término municipal. O anuncio especificaba que se pagaría “a metade da cota do mes de marzo e o recibo íntegro do mes de abril” aos autónomos que tiveran que pechar os seus negocios polo estado de alarma sanitaria.

A formación nacionalista argumenta que, “acreditado que o Estado exonerou aos autónomos de pagaren o recibo do mes de abril e comezou a devolver a metade dos recibos de marzo”, o Concello debe aclarar “en que se concretarán as axudas anunciadas, que se presentaron coma a medida estrela do Concello ante a crise provocada pola Covid 19“. O concelleiro nacionalista Luis Fernández urxe ao executivo do Partido Popular “a aprobar as bases e a convocatoria das axudas, para que as persoas interesadas teñan información sobra as contías e os prazos de solicitude”.

RECLAMA MEDIDAS CONCRETAS DE PROTECCIÓN SOCIAL

O voceiro nacionalista critica que “o alcalde fixera anuncios sen concreción ningunha xerando confusión entre a veciñanza” e cuestiona a motivación do goberno local á hora de facer a proposta xa que, explica, “o Goberno do Estado xa tiña anunciado daquela que exoneraría do pago das cotizacións sociais aos autónomos que solicitaran o cese de actividade pola alarma sanitaria“.

Así, a formación frontista demándalle ao goberno local que “faga propostas realistas, compatibles coas competencias que teñen os Concellos en materia de axudas directas” e “non siga vendendo fume á veciñanza”. Ademais, solicita “que convoque aos sectores produtivos e aos grupos municipais para propoñer e consensuar medidas de protección social e reactivación económica”.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...