IniciosociedadeFestas da malla na Pontenova e en Rúa, en Cervo

Festas da malla na Pontenova e en Rúa, en Cervo

Os veciños recrerarán este traballo tradicional que se foi abandonando ou modernizando a partir da década dos oitenta

Publicada o

- Advertisement -

Cervo e A Pontenova celebran durante a fin de semana as súas festas da malla. Os veciños volven a vista atrás para revivir unha tarefa fundamental para as economías de autoconsumo do rural, que se foi abandonando a partir dos anos oitenta.

Na parroquia cervense de Rúa, a malla terá lugar o sábado a partir das 18.00 horas, pero a festa, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, animará o lugar durante toda a xornada cun xantar, paseos a cabalo a cargo de Cabaliño de Pao, rutas de sendeirismo, demostracións de cestería e xogos populares.

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, e a edil de cultura, Dolores García, participaron da presentación do evento xunto a membros da organización, que anima aos visitantes a acudiren “vestidos de época” para ambientar.

A PONTENOVA

Ese mesmo día, no concello pontenovés, a cuarta edición da cita incluirá por primeira vez demostracións con malles –un apeiro manual para bater o cereal e extraer o gran-.  O xoves, Amigos da Malla levarán ata a vila o trigo, que espera na eira de Manolo Pada, quen puxo a semente da festa e se encarga de botar o creal cada ano.

O sábado contará coa colaboración duns vintecinco veciños e veciñas para os traballos da malla, que comezarán ao mediodía e se retomarán á tarde, tras unha parada para a sesión vermú e a comida. Os asistentes poderanse divertir con xogos populares e actividades acuáticas no Pozo da Ola.

 

ÚLTIMAS

Fóra de perigo o mariñeiro que sufriu hipotermia tras caer no porto de Celeiro

Un mariñeiro que caeu ao mar á altura da lonxa de Celeiro, no municipio lucense...

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...