IniciosociedadeDezaseis expositores ofrecerán produtos ecolóxicos en Viveiro desde o xoves

Dezaseis expositores ofrecerán produtos ecolóxicos en Viveiro desde o xoves

A feira Ágora Verde prolongarase até o domingo e incluirá unha degustación e talleres infantís

Publicada o

- Advertisement -

Os xardíns de Noriega Varela de Viveiro acollerán do 30 de agosto ao 1 de setembro a feira dos produtos ecolóxicos Ágora Verde, que impulsa o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), en colaboración coa Deputación de Lugo e o Concello.

Dezaseis expositores -entre eles produtores do Vicedo ou O Valadouro– participarán na feira, cunha oferta que incluirá pan, marmeladas, mel, cervexas artesás, infusións, fariña de castaña, galletas, chourizo de cabaza ou produtos do mar.

HORARIO E ACTIVIDADES

O horario da feira será de 11.00 a 22.00 horas, de forma ininterrompida. A inauguración será o xoves, a partir das 13.00 horas, momento no que haberá unha degustación gastronómica. O cociñeiro Martín Mantilla ofrecerá pinchos fríos e quentes. O evento tamén incluirá actividades para nenos, como talleres de pintura ou horticultura.

PROXIMIDADE

Francisco López Valladares, presidente de Craega, sinalou na presentación de Ágora Verde Viveiro que este tipo de feiras “serven para achegar aos pequenos produtores ao consumidor, mesmo aos turistas que hai no municipio e que despois poden mercar por internet”, e instou ás administracións a apostar “pola agricultura ecolóxica”.

A PROVINCIA, LÍDER ESTATAL

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, asegurou que para a cidade “é unha honra acoller por primeira vez esta iniciativa, dun sector na que a provincia de Lugo é líder a nivel estatal”. O edil de mar, Jesús Fernández, precisou que a cita celebrarase “entre o templete e a ponte, polo que estará máis preto do casco e será máis visible, mesmo para quenes pasen en coche”.

ÚLTIMAS

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Burela pide cautela ante a vaga de roubos na comarca e concello e non dificultar o traballo dos axentes

A vaga de roubos notificada nos últimos días en diversos puntos da comarca da...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...