IniciosociedadeA Mariña acollerá en maio un raid de aventura con deportistas de...

A Mariña acollerá en maio un raid de aventura con deportistas de 25 países

As probas disputaranse nos 16 concellos que integran a Mancomunidade, que tamén anunciou a presentación dunha nova web

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña será a sede dun evento deportivo multidisciplinar que reunirá deportistas de 25 nacionalidades. Trátase do Raid Gallaecia, que combinará probas de distintas disciplinas de aventura desde orientación, ciclismo de montaña ou trekking ata kayak, barranquismo, escalada ou tiro láser.

A competición desenvolverase do 10 ao 19 de maio, segundo anunciou Alfredo Llano, alcalde de Burela e presidente da Mancomunidade de municipios da Mariña, tras o pleno da institución celebrado este luns.

A Mariña albergará un dos dous únicos eventos deste tipo que se organizarán durante 2019 en Europa

“Consideramos que vai ser un soporte extraordinario para dar coñecer e divulgar a nosa comunidade en todos os ámbitos, tanto no turístico, como deportivo e cultural, porque vai ter cobertura mundial. Cun gasto mínimo da Mancomunidade imos conseguir un rendemento máximo de divulgación da comarca”, explicou.

A Mancomunidade colaborará coa empresa organizadora do evento, que terá presenza nos dezaseis concellos da Mariña.

AUDIOGUÍAS E NOVA WEB

O pleno tamén aprobou a tradución ao castelán, ao francés e ao inglés das audioguías que funcionan en Ribadeo, Mondoñedo e Viveiro, “unha fórmula moi recoñecida pola xente que as utiliza, que con esta ampliación a diferentes idiomas ofrecerá posiblidades infinitas para difundir o que hai de valor en cada un destes concellos”.

Alfredo Llano anunciou ademais a presentación dunha nova páxina web que, segundo anticipou, “mellorará os contidos da actual e vai incorporar enlaces con contidos específicos de cada concello”.

Llano avanzou que “hai empresas interesadas en desenvolver o programa Catuxa”, un programa destinado á sensibilización sobre a violencia machista nos centros de ensino da comarca.

A Mancomunidade concluíu o exercizo 2017 cun remanente que supera os 100.000

AXUDA PARA CONTEDORES

Na reunión, deuse conta tamén da concesión dunha subvención para adquirir contedores –“outorgáronnos o 80 por cento dos fondos que pedimos”- e aprobouse a conta xeral do exercicio 2017, “cun remanente que supera os 100.00 euros”.

Ademais, a Mancomunidade acordou a que a presidencia e a xerencia representarán á institución no Consello de Turismo da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

A conselleira de Mar defende en Burela a sustentabilidade do sector pesqueiro galego

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defendeu este xoves en Burela a sustentabilidade do...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...