IniciosociedadeReclaman apoio psicolóxico para as persoas con enfermidades inflamatorias intestinais

Reclaman apoio psicolóxico para as persoas con enfermidades inflamatorias intestinais

O pontevedrés Víctor Loira percorre parte da Mariña nunha volta a Galicia en patinete e bicicleta para demandar máis atencións ás persoas que padecen estas patoloxías

Publicada o

- Advertisement -

O pontevedrés Víctor Loira percorre este domingo en patinete os quilómetros que separan Burela e Ortigueira. Trátase da sétima etapa dunha ruta por Galicia para visibilizar as enfermidades inflamatorias intestinais e recadar fondos para un programa de apoio psicolóxico ás persoas afectadas por estas patoloxías.

No seu percorrido, no que alterna treitos en patinete e bicicleta, visita centros sanitarios do Sergas en todo o país, e na Mariña, o destino foi o Hospital da Costa, onde fixo parada este sábado. O viaxeiro -afectado pola enfermidade de Crohn – foi recibido por persoal do centro e por representantes municipais.

Nas visitas aos centros, interésase polo funcionamento dos baños adaptados para ostomizados e contribúe á sensabilización social en relación cun tipo de enfermidades “non visibles” que empeoran a calidade de vida das persoas que as sofren.

Esta Volta a Galicia polas Enfermidades Inflamatorias Intestinais (EII) comezou o pasado 19 de agosto e concluirá o 4 de setembro tras un percorrido 1.320 quilómetros.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...