IniciosociedadeO número de ingresados con coronavirus mantense en oito, con dous na...

O número de ingresados con coronavirus mantense en oito, con dous na Uci

Este mércores rexistrouse a cuarta morte na Mariña, segundo a estatística oficial, dun positivo, a dunha usuaria da residencia de Foz

Publicada o

- Advertisement -

O número de ingresados con coronavirus mantense estable no Hospital Público da Mariña, con dous pacientes na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) e outros seis en planta, segundo o reconto oficial ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Este mércores, a estatística oficial documentou a cuarta morte na bisbarra pola pandemia, a dunha usuaria da residencia de Foz que permanecía illada no xeriátrico focego despois de que se lle diagnosticase o virus. Os outros tres falecidos permanecían no Hospital Público da Mariña; dous deles eran residentes de centros de maiores, un da vivenda comunitaria Mirador del Eo, de 83 anos, e outro de Betania (Viveiro), de 87. Tamén falecera un varón de 90 anos.

No tocante ás residencias, hai catro positivos de usuarios na residencia de maiores de Foz e outros seis de traballadores; documéntanse tres casos de residentes en Betania e outros dous en Mirador del Eo; e dous obreiros resultaron infectados en Burela, un en San Rafael (Mondoñedo). En Foz, Betania, Burela e Mondoñedo realizáronse análises a todos os maiores e empregados.

589 CASOS, UN MENOS CÓ MARTES

No tocante aos casos activos na provincia, o Sergas computa 589, un menos có pasado martes. Hai nove pacientes na Uci -os outros sete no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)-. Outros 42 permanecen en hospitalización, un menos ca onte (seis deles na Mariña, tres no Hospital Público de Monforte, 14 no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA). En domicilio documentáronse 538, un máis.

391 MORTES EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.019, deles 1.280 son da área da Coruña, 589 da de Lugo, 1.193 da de Ourense, 505 da de Pontevedra, 1.085 da área de Vigo, 1.029 da de Santiago, e 338 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 128 permanecen en UCI, 746 están en unidades de hospitalización e 5.145 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.298 altas de pacientes e 391 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 50.396.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...