IniciosociedadeDiario de corentena: eloxio da lareira

Diario de corentena: eloxio da lareira

Debemos recoñecer que estes novos sistemas de comunicación verbal ou escrita nos foron afastando do costume e da necesidade de xuntarse para falar

Publicada o

- Advertisement -

“Nestes días de cautiverio polo coronavirus afloran moitas capacidades que parecían, en boa medida, ocultas ou esquecidas, podendo destacar de entre elas: a vontade de evasión, tanto física coma espiritual ou mental; o enxeño á hora de manexar o sentido do humor; a maña ou talento para desenvolver cousas e instrumentos de primeira necesidade, dende as máis sinxelas ata as máis complexas e tecnolóxicas; ou a xenerosidade e solidariedade para cos demais.

Debemos recoñecer que, paulatinamente e segundo en que casos, estes novos sistemas de comunicación verbal ou escrita nos foron afastando do costume e da necesidade de xuntarse para falar, deixando atrás tamén a obrigatoriedade e o hábito dese contacto persoal, desas longas conversas tan agradables e enriquecedoras que contribuían a facernos máis sociables, máis comunicativos, máis colaborativos e máis xenerosos e solidarios.

Para min, tal vez, un dos lugares máis axeitados eran aquelas lareiras nas que nunca se apagaba o lume e que, ademáis de proporcionarnos calor e un lugar onde cociñar, achegábanos un espazo íntimo pero tamén colectivo, acolledor e entrañable”. Preme abaixo para ler completa a nova entrega do Diario de Corentena, bitácora colectiva de Lugo Xornal, Xornal de Lemos e Xornal da Mariña.

Diario de Corentena: A lareira e como nos comunicamos

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...