IniciosociedadeO Mercado de Rúa e o Guateque dos 60-70 axitarán Ribadeo

O Mercado de Rúa e o Guateque dos 60-70 axitarán Ribadeo

A Acisa impulsa a vindeira fin de semana a venta ao aire libre, que incluirá descontos, e colabora na festa temática

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes Industriais, Servizos e Autonómos (Acisa) de Ribadeo organiza, en colaboración co Concello e a Xunta de Galicia, a quinta edición do Mercado de Rúa, que se celebrará os días 25 e 26 de agosto. Participarán na iniciativa 22 establecementos

O colectivo de comerciantes pretende con esta iniciativa “potenciar as ventas antes de rematar o verán. As tendas aproveitan para sacar os stocks de fóra de tempada e tamén presentan os avances do vindeiro outono-inverno. É unha actividade que gusta tanto a empresarios como a clientes”, asegura a directiva. 

DESCONTOS

O presidente da Acisa, Francisco Iriarte, salienta que “será unha boa ocasión para atopar artigos con interesantes descontos”.

Os 22 comercios participantes no V Mercado de Rúa son: Opticalia Ribadeo, La Moda Hombre, Joyería Azabache, Anais, Pequerrechos, Mercería Vizcaya, Sanjurjo Moda, Mercería Julia, R23, Gutié, Farfala, Bis a Bis, Mika, Saia, Glass, Naná, Coco, Jatay, Marcelota, Bodegas Ribeirao, Folder e Adele.

GUATEQUE

Acisa e o Concello de Ribadeo colaboran coa comisión do Entroido na organización do Guateque dos anos 60 e 70 que se celebrará o vindeiro sábado, 25 de agosto, a partir das 20.00 horas no parque de San Francisco.

A cita incluirá degustación gastronómica de tortilla, empanada, bolos preñados e doces caseiros e estará amenizada con música dos anos 60 e 70.

ÚLTIMAS

Fóra de perigo o mariñeiro que sufriu hipotermia tras caer no porto de Celeiro

Un mariñeiro que caeu ao mar á altura da lonxa de Celeiro, no municipio lucense...

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...