IniciosociedadeO comercio de Foz ofrece descontos de entre o 50 e o...

O comercio de Foz ofrece descontos de entre o 50 e o 80%

O CCA impulsa a campaña 'Afundimos os prezos', que será o aperitivo da Festa Normanda

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Comercial Aberto de Foz (CCA) organiza do 20 ao 25 de agosto a campaña denominada Afundimos os prezos. Os establecementos participantes sacarán os seus produtos á rúa con importantes descontos, que oscilarán entre o 50 e o 80%. 

O presidente de CCA, José Carlos Paleo, explica que “os locais van expoñer na rúa ducias de produtos a prezos super rebaixados. Queremos que na semana dos preparativos para a Festa Normanda focenses e visitantes teñan motivos dabondo para pasear polas nosas rúas, nas que atoparán todo tipo de artigos a prezos moi interesantes e especiais”.

CENTRO COMERCIAL “AO AIRE LIBRE”

Paleo indica que “é un xeito de facerse con produtos de tempada moi rebaixados. Foz converterase do 20 ao 25 de agosto nun gran centro comercial ao aire libre. Será un bo momento para ver os artigos expostos e para dar unha volta polas rúas comerciais da nosa vila, nas que ademais poderán disfrutar da nosa hostalería”, conclúe. 

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...