IniciosociedadeEntre "25.000 e 30.000 persoas" consomen auga en Foz estes días

Entre “25.000 e 30.000 persoas” consomen auga en Foz estes días

O rexedor sinala que "evitar o botellón" é unha das prioridades da seguridade na Festa Normanda

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz resalta o tirón turístico do municipio. Durante a apertura da feira Foz Market, o alcalde focego, o popular Javier Castiñeira, asegurou que “entre 25.000 e 30.000 persoas” están a consumir auga estes días no termo municipal, onde tamén se está a celebrar a Feira do Libro, á que asistiu a deputada provincial Pilar García Porto

“Os datos de consumo de auga son fascinantes”, sinalou o rexedor. Castiñeira afirmou que “na pasada fin de semana demandáronse de 4.700 ata 5.000 metros cúbicos, polo que estamos a falar de entre 25.000 e 30.000 persoas. Iso para un pobo como Foz é moito e tratamos de, con todos os medios que temos, moitas veces domésticos, ter os servizos o mellor posible”, engadiu. 

O primeiro edil precisou que unhas 4.000 persoas visitaron a basílica de San Martiño na primeira quincena de agosto.

Apertura de Foz Market, coa presenza do alcalde, do edil de turismo e do presidente da Acia, José Carlos Paleo. AXM

FESTA NORMANDA

Foz prepara xa a Festa Normanda. O consistorio acolleu a primeira reunión da xunta de seguridade para o evento, que se celebrará do 24 ao 26 de agosto.

Na xuntanza, que segundo o alcalde foi “unha primeira toma de contacto entre todos os responsables da seguridade na festa”, participaron os redactores do plan de emerxencia, da empresa Previnem, representantes da organización e do equipo de goberno, de Protección Civil e da Policía Local. Tamén de Ambulancias Burela, que se encargará do seguimento médico e que terá dous vehículos e un hospital móbil. Así mesmo, formarán parte do dispositivo Garda Civil e bombeiros de Barreiros.

Castiñeira destacou que un dos temas a tratar foi “o control das autorizacións dos diferentes participantes, especialmente os máis novos, que necesitan permiso dos pais, e tamén os adultos que participen no desembarco e noutras actividades”. O rexedor subliñou que “queremos evitar o consumo de bebidas alcohólicas dentro das zonas públicas non autorizadas. Haberá unha atención importante ao botellón por parte da seguridade privada”, concluíu.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...