IniciosociedadeCangas de Foz prepárase para unha nova Feira do Gando

Cangas de Foz prepárase para unha nova Feira do Gando

Natureza e gastronomía danse a man nesta cita, que se celebrará o vindeiro domingo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz, en colaboración coa asociación Cabaleiros de Cangas, impulsa a sexta edición da Feira de Gando desta localidade, que será o vindeiro domingo, 19 de agosto.

O evento continúa unha tradición de décadas. A feira celebrase alomenos de 1940, segundo contan os veciños do lugar. Daquela tiña carácter trimestral e era no barrio da Gralleira. Na actualidade, a sede da cita é a área recreativa dos Castros. Alí se instalará unha carpa onde se poderá degustar polbo á feira, xamón cocido ou churrasco.

ACTIVIDADES

A actividade comezará ás 10.00 horas. Os asistentes poderán desfrutar de paseos gratuítos a cabalo e exposicións de maquinaria e artesanía. Haberá premios para os gandeiros con maior número de cabezas de gando vacún e cabalar, para os mellores cabalos, eguas e exemplares de vacún, para o cabaleiro e amazona máis novo e para o cabaleiro de máis idade.

CARREIRAS

Outro dos atractivos da feira serán as carreiras de cabalos. Competirase nas modalidades de andadura chapeada e serrada e trote de trotóns, e tamén haberá quenda de burros. Os organizadores destinarán un total de 1.000 euros a premios para os mellores destas probas.

O primeiro tenente de alcalde e edil de medio rural, Pedro Fernández Manín, presentou a feira con integrantes da asociación Cabaleiros de Cangas. Tamén colaboran no evento a comunidade de montes en man común Real, Rañadoiro e Agudo, a asociación de veciños San Pedro e a sociedade deportiva Os Castros.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...