IniciosociedadeCatro alumnas do IES de Foz acadan premios de hostalería en campionatos...

Catro alumnas do IES de Foz acadan premios de hostalería en campionatos galegos

Rocío Jiménez, Andrea Miranda, Iria Pardo e Perla Sención estudan o Ciclo Medio de Servizos no centro educativo focego

Publicada o

- Advertisement -

Catro alumnas matriculadas no Ciclo Medio de Servizos do IES de Foz gañaron premios en catro campionatos galegos celebrados recentemente no ámbito da hostalería. Son Rocío Jiménez, Andrea Miranda, Iria Pardo e Perla Sención.

Jiménez logrou o segundo premio do Campionato de Sumillería Suso Domínguez, do CIFP Carlos Oroza, de Pontevedra. Miranda levou o primeiro galardón no certame de coctelería clásica Xosé Moldes, do IES Fragas do Eume, de Pontedeume. Pardo conseguiu o terceiro premio no certame de cata de escolas de Hostalería do IES de Foz. E Sención foi a terceira en baristas de escolas de Hostalería no centro mariñao.

Desde a dirección do IES felicitaron ás alumnas, xa que “o seu traballo e esforzo redunda nunha mellor ensinanza e profesionalizan o sector, sendo un orgullo para o centro e contribuíndo a visibilizar a figura da muller dentro dun sector como é o da hostalería, onde, malia que as mulleres supoñen o 53 por cento, a gran maioría de cociñeiros e sumilleres recoñecidos son homes”.

Ademais outros dous estudantes do IES Foz conseguiron premios en senllos certames: Fran García gañou o campionato de coctelería interescolas de Monin, celebrado en Madrid, e Juan Rubiños logrou o segundo premio no concurso de cata profesional do IES de Foz.

O Ciclo Medio de Servizos do IES de Foz “ten unha duración de dous cursos e dá acceso a ciclos formativos de grao superior, como á dobre titulación de FP Dual, que tamén temos no centro, de Dirección de Servizos e Dirección de Cociña, conxugando dous ciclos superiores nun, polo que se fai en tres anos en vez de en catro”.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...