IniciosociedadeCampomar reunirá máis de cen expositores nas rúas de Tapia

Campomar reunirá máis de cen expositores nas rúas de Tapia

A cultura mariñeira centrará boa parte das actividades culturais e lúdicas organizadas en torno á feira, que se inaugurará o vindeiro xoves

Publicada o

- Advertisement -

Máis dun centenar de expositores participarán na Feira Campomar, que se desenvolverá do 23 ao 26 de agosto en Tapia de Casariego. Os productos de alimentación e artesanía centrarán a  mostra que pretende poñer en valor as actividades vencelladas aos sectores agrogandeiro e pesqueiro.

“A maioría son empresas, artesáns e asociacións de Tapia e doutros concellos do Occidente asturiano, pero nos últimos anos observamos que hai cada vez máis expositores doutros puntos de España interesados en participar na feira”, comenta a directora de Campomar, Elena Villarinos. “Temos unha lista de espera importante, pero temos que adaptar a dimensión da feira ao espazo do que dispoñemos”, engade.

O acto de inauguración oficial da feira celebrarase o xoves ás 20.00 horas , cun percorrido institucional polas stands instalados nas rúas da vila.

AXENDA LÚDICA  E CULTURAL

Ademais de ser un escaparate comercial, Campomar concita ao seu redor un amplo programa lúdico e cultural que se inaugura xa este luns. O programa da feira inclúe visitas guiadas, representacións teatrais,  presentación de libros, actuacións musicais, unha “olimpiada” de xogos tradicionais e conferencias en torno ao futuro do sector agrogandeiro na comarca.

O domingo, último día da feira, celebrarase un concurso de escanciadores de sidra, que se mantén na axenda desde a primeira edición.

VISITA Á LONXA

Unha das actividades que esperta máis interese é a visita á lonxa, a única en Asturias que conserva a tradicional venda “a viva voz”. O ruleiro amosa aos visitantes as rutinas de traballo nas instalacións onde se subastan as capturas dos barcos de baixura do porto.

A visita realizarase o venres 24 a partir das 16.00 horas.  Os interesados teñen que dirixirse a concellería de Cultura para reservar as prazas que “se outorgarán por orde de inscrición”.

Na cultura mariñeira da vila afondarase tamén nunha visita guiada ao faro e a mostra de artes de pesca que acollerá o stand da Asociación Amigos da Historia de Tapia.

ÚLTIMAS

Montse Porteiro: “sabemos que sanitariamente esta comarca está cualificada de difícil cobertura”

-Cales son as circunstancias detrás das concentracións en Ribadeo e O Valadouro? En Ribadeo, e...

Concentración no Valadouro reclamando a cobertura das prazas médicas

Unha concentración de 500 persoas segundo a Plataforma pola Sanidade Pública da Mariña, concentráronse...

Cortada por obras desde o martes ata o venres a estrada LU-P-2007, en Foz

A estrada LU-P-2007 no municipio lucense de Foz quedará cortada desde o martes ao...

Fran Cajoto: “Os ‘Cantos na Taberna’ son unha maneira de preservar o noso patrimonio’

-De onde parte esta iniciativa de 'Cantos na Taberna' de Foz? Isto parte dunha iniciativa...