IniciosociedadeBravos celebra o día 18 a súa segunda Malla Tradicional

Bravos celebra o día 18 a súa segunda Malla Tradicional

A asociación Aturuxeiros impulsa o evento etnográfico, que incluirá sesión vermú e xantar popular

Publicada o

- Advertisement -

A asociación cultural Aturuxeiros de Bravos celebra o vindeiro sábado a segunda edición da Malla Tradicional. O evento etnográfico, que servirá de lembranza para algúns e axudará a outros a coñecer a historia da zona, celebrarase na localidade ourolesa de Rego da Ponte.

Os actos comezarán ás 11.30 horas, cunha introdución ao traballo da malla. Ás 12.00 comezarán as tarefas. Ao seu remate comezará a sesión vermú e desde as 14.30 horas haberá un xantar asequible para todos os petos.

OBRADOIROS E XOGOS

Pola tarde seguirá a festa, con obradoiros de amasado e cocedura de pan. Tamén haberá un taller de iniciación ao traballo do coiro. A xornada festiva continuará con xogos populares.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...