IniciosociedadeComezan as obras de humanización da avenida Ría de Ribadeo

Comezan as obras de humanización da avenida Ría de Ribadeo

As actuacións, que facilitarán o tránsito seguro dos peóns da vila á zona comercial, durarán ata novembro e terán un orzamento de 380.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo anunciou o inicio das obras de humanización da avenida ría de Ribadeo, que se prolongarán ata o mes de novembro. As actuacións, que teñen como obxectivo facilitar o tránsito de peóns ao longo da vía, contan cun orzamento de 380.000 euros, financiado con fondos municipais e coa achega da Deputación de Lugo.

As obras consistirán na instalación de beirarrúas alá onde faltan e de pasos elevados, na mellora de iluminación, no exendido dunha nova capa de rodadura, no soterramento do cableado de media tensión e na plantación de árbores e colocación de mobiliario urbán para humanizar a avenida. A adxudicataria das actuacións é a empresa coruñesa Sergonsa Obras e Servizos.

xunto coa renovación da rúa san roque, é un dos proxectos máis ambiciosos do goberno local

O proxecto, un dos máis ambiciosos dos emprendidos polo goberno local nesta lexislatura xunto coa renovación da rúa San Roque, pretende facilitar e asegurar o paso dos peóns que transitan entre Ribadeo e a zona comercial de Vilar. Abrangue melloras en máis dun quilómetro de percorrido. 

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, resalta que se trata “dun viario moi importante, un dos dous accesos que ten a vila de Ribadeo e que foi unha estrada convencional durante moitos anos, de paso case exclusivo de vehículos rodados, e a día de hoxe é unha avenida onde conviven moitos viandantes xunto cos vehículos. Iso supón ás veces un perigo”, expón.

ACTIVIDADES COMERCIAIS

O rexedor subliña que “desde o Hotel Voar adiante hai gasolineiras, supermercados, talleres de reparación de vehículos e unha chea de actividades comerciais que non teñen ben resolto o acceso peonil. Toda esa zona é solo urbán consolidado desde hai uns catro anos, e imos darlle o nivel de humanización que merece”, sinala. Suárez Barcia lamenta as molestias que podan causar as actuacións.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...