IniciosociedadeA piscina de Lieiro acollerá o sábado un bautismo de mergullo

A piscina de Lieiro acollerá o sábado un bautismo de mergullo

Está aberto o prazo para anotarse na actividade, impulsada polo C. A. S. Costa de Lugo

Publicada o

- Advertisement -

A piscina olímpica de Lieiro, no municipio de Cervo, acollerá o vindeiro sábado, 7 de marzo, un bautismo de mergullo organizado polo C. A. S. Costa de Lugo.

A actividade impartirase en horario matinal, de 10.00 a 14.00 horas. Os participantes poderán coñecer o equipo que usan os submarinistas en cada mergullo, cunha explicación sobre todos os elementos do traxe especial. E tamén poderán “respirar por primeira vez baixo a auga”, destacan os organizadores.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición está aberto. Os interesados en participar na actividade poden inscribirse por vía telefónica (chamando ao número 609.42.32.10) ou ben por correo electrónico, enviando un e-mail a info@buceocostalugo.es.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...