IniciosociedadeUn ano de prisión para a veciña de Galdo por autoadoutrinamento xihadista

Un ano de prisión para a veciña de Galdo por autoadoutrinamento xihadista

A sala da Audiencia Nacional considera atenuante o trastorno de personalidade que padece e a "escasa potencialidade" de cometer un atentado

Publicada o

- Advertisement -

A Sala do Penal da Audencia Nacional condenou a un ano de prisión a Lucía Expósito Cao, veciña de Galdo (Viveiro) acusada dun delicto de autoadoutrinamento xihadista. A Fiscalía solicitara no xuízo, celebrado en decembro do 2019, unha pena de dous anos de cárcere. A defensa pedía a libre absolución.

A sentenza considera probado que a muller buscou palabras en Internet -como Santiago, infieis ou destrución– co ánimo de cometer un atentado coincidindo coa celebración do Día do Apóstolo, o 25 de xullo, e que se atoparon no seu teléfono 17.130 imaxes relativas á xihad e ao Estado Islámico (Daesh).

Con todo, o fallo xudicial considera atenuante o “transtorno de personalidade” apuntado por dous peritos no xuízo. Ademais, interpreta que a condenada tiña “escasa potencialidade” para cometer un atentado. Engade que mentres foi sometida a vixilancia pola Garda Civil, despois da denuncia dunha testemuña protexida, non houbo indicios de que planease accións violentas.

Lucía Expósito Cao foi detida por primeira vez en outubro de 2018, e de novo en xullo do 2019, cun operativo policial que provocou o estupor en Galdo.

ÚLTIMAS

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...

Licitada a rehabilitación de 6 vivendas para aluguer accesible en Ribadeo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue,...