IniciosociedadeDenuncia que lle "negan" unha derivación a Santiago para unha operación que...

Denuncia que lle “negan” unha derivación a Santiago para unha operación que non se fai en Burela

Tras dúas intervencións que non sanaron unha lesión de ombreiro e a fin do tratamento, unha laurentina pide que se lle facilite someterse a unha técnica alternativa

Publicada o

- Advertisement -

Unha veciña de Lourenzá presentou un escrito ante o Valedor do Pobo para denunciar que a xerencia do Hospital da Mariña de Burela “négase” a derivala ao Hospital Universitario A Coruña (CHUAC) ou Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) para poder someterse a unha operación de ombreiro que non se realiza nin no centro hospitalario da bisbarra.

ROTURA DO TENDÓN

Segundo expón a paciente, de 58 anos e iniciais B. M. P., en xuño de 2017 diagnosticóuselle unha tendinopatía no ombreiro dereito. Nunha consulta posterior, concluíuse que padecía unha rotura completa do tendón supraespinoso, unha lesión que lle provoca dor e dificultade para moverse. Foi operada seis meses despois de producirse a lesión, para reparar o manguiño rotador mediante unha artroscopia.

DÚAS INTERVENCIÓNS SEN ÉXITO

A doente asegura que na intervención “infiltróuseme sen ecografía guiada xerándome iatrofenia, producíndose segundo o propio servizo de traumatoloxía un ‘pinchazo de balón‘”. Dado que “o brazo non quedou ben”, remarca, en xaneiro de 2019 realizóuselle unha nova operación, iniciando o correspondente proceso de rehabilitación, tralo que foi dada de alta “por esgotamento de posibilidades terapéuticas”.

“DINME QUE TEÑO QUE CONVIVIR COA DOR”

A paciente sinala que a partir de aí “díseme que non hai máis que facer; recomendan a implantación dunha prótese invertida pero non me recomendan esta opción pola miña idade. Cando me deron a alta o médico díxome que tiña que acostumbrarme a vivir coa dor, cousa que me indigna”, argumenta.

DERIVACIÓN AO HULA

Daquela, expón, pediu cita nunha consulta privada, na que a informaron de que no seu caso existe a posibilidade de someterse a unha reconstrución capsular superior. Tras pedir de novo consulta, Traumatoloxía derivouna entón ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), onde se lle ofreceu colocar unha prótese dado que no centro hospitalario lucense “tampouco se realiza o tipo de operación que se me recomendou”.

CRE QUE A MARIÑA SOFRE “UN AGRAVIO COMPARATIVO”

A paciente sostén que “mesmo desde Inspección Médica se me dixo que me tiñan que derivar a Santiago ou A Coruña”, polo que ao longo dos últimos meses puxo “dúas reclamacións en atención ao paciente” e mesmo solicitou poder falar coa xerente do Hospital da Mariña, “pero non recibín resposta”.

Afirma que a lesión no ombreiro provócalle “dor, unha mobilidade escasa e ter que tomar moita medicación” e xulga que “como veciña da comarca síntome desprotexida, porque se está operación se fai en hospitais da rede pública, por que non imos ter dereito a ela? É un agravio comparativo coa poboación das cidades. Só pido que se me derive aí, e non se me deriva”, conclúe.

ÚLTIMAS

Achan en Ribadeo o primeiro exemplar dun verme invasor depredador do mexillón en Galicia

O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un...

Investigan o furto de produtos alimentarios en dous establecementos de Viveiro

A Garda Civil de Lugo investiga en Burela a dous homes como presuntos autores...

Francisco Rois: “Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da 45ª Festa da Troita da Pontenova”

-Despois de corenta e cinco anos desta Festa da Troita, cales foron os cambios...

A biblioteca de Barreiros contará cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura...